© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

6 frontes competitivas noutra intensa fin de semana para o club


Campionato galego benxamín, alevín, infantil e cadete na Coruña, dúatlon escolar e absoluto en Santiago e cross de veteráns e provincial escolar en Fene e Narón

Estamos inmersos nos meses de maior competición do ano e está fin de semana a actividade do club é frenética en diversas frontes, con 60 deportistas en competición que tratarán de acadar o mellor posto nos campionatos galegos nalgún caso e clasificarse para as seguintes fases noutros.

CAMPIONATOS GALEGOS DE PISTA CUBERTA


A pista cuberta de atletismo de Riazor, será o sábado escenario do campionato galego das categorías escolares: benxamín, alevín e infantil.. A cita acudirán catro deportistas do club: Carla Pérez, en 50 metros lisos; Gabriela Quintás en 2000 metros lisos, Araceli de Roo e Lucía Castro en lanzamento de peso. Todas elas medallistas xa en campionatos galegos, e de primeiro ano infantil a excepción de Araceli.

Xa o domingo será o turno da categoría cadete, a onde o club acude con 3 representantes: Xian Castro en 50 metros valados, Alba García en 3000 metros lisos e Israel Barrul en lanzamento de peso.

7 representantes do club polo tanto nesta doble cita, nun campionato no que é moi difícil poder entrar por ser soamente para as 12/16 mellores marcas da tempada de cada categoría, pero que sen dúbida serà unha gran experiencia para elas.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVES EN IDADE ESCOLAR

O circuíto do polígono do río do Pozo, en Narón, será o escenario o domingo pola tarde do campionato galego de campo a través, logo de ter sido suspendido a semana pasada pola mala climatoloxía.

O club Olímpico de Vedra estará representado polo equipo infantil feminino, que tratará de ser un dos dous únicos equipos da provincia en clasificarse para o campionato galego. Deberán completar un circuíto de 1600 metros e as representantes do club serán: Lucía Castro, Carla Pérez, Gabriela Quintás, Noela Baltasar, Manuela Raviña e Andrea Torres. En categoría cadete participarán a título individual Alba Muñiz na categoría feminina, que deberá enfrontarse a un circuíto de 2000 metros e Carlos Sendiña que deberá completar os 4000 metros da carreira masculina. Estes dous deberán meterse entre os 8 primeiros clasificados para lograr o pase ao campionato galego.


CAMPIONATO GALEGO DE CROSS DE VETERANOS


Tamén na comarca de Ferrolterra, concretamente no concello de Fene terá lugar na mañá do domingo o campionato galego de cross de Veteráns, a onde acude en representación do noso club Pablo Cabanelas, que loitará na categoría de 35 a 40 anos, sobre un circuíto de 7300 metros, por facerse co mellor posto posible e seguir coa súa posta a punto de cara as tempadas de dúatlon e tríatlon.

DÚATLON POR PARTIDA DOBRE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


O sábado pola mañá terá lugar o dúatlon escolar de Santiago, clasificatorio para o campionato provincial, coa presenza dunha trintena de rapaces do club en tódalas categorías. A proba dará comezo as 11 da mañá cos representantes na categoría benxamín, para posteriormente disputarse as categorías alevín, infantil e cadete.


Xa pola tarde será o turno da segunda proba do circuíto galego, clasificatoria para o campionato galego: Miguel Daporta, Marcos Dobalo, Manuel Dosil, Fernando Fernández, Isma Carballo, Cesar Otero, Julio Mallo e Sergio Oliveira en categoría masculina e Aida García e Tania Garabatos, xunto a xa clasificada Katia Senín, tratarán de acadar o billete para o campionato galego. Completarán a participación do club na proba sen corte Antón Barreiro, Xurxo Carballo e David Pastoriza.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -