© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

3º posto para e equipo feminino e 4º para o masculino nun durísimo campionato galego de contrareloxo


As dificultades meteorolóxicas fixeron moi dificil sacar adiante o campionato galego de dúatlon contrareloxo na xornada de onte. Malia todo, o esforzo dun montón de xente, nunca o suficientemente recoñecidos fixeron que a proba saíra adiante.


Moi dificil para os deportistas e a organización foi sacar adiante a competición de onte en Vedra. O frío e os constantes chaparróns deixaron helados a boa parte dos participantes, que mesmo remataban en algún caso con hipotermias. Dentro destas dantescas condicións a gloria levarona en categoría masculina o Arcade Inforhouse, campión, o Artrogal tri498 subcampión e o Tríatlon Morrazo bronce, quedándose o noso equipo a soamente 4 segundos do podio, mentres que o noso segundo equipo era vixésimo e o terceiro equipo se vía obrigado a abandonar. En féminas o primeiro posto foi para o Nosportlimit, a prata para o Mar de Vigo e as nosas representantes acadaron o bronce, inaugurando así o casilleiro de podiums do clube nesta tempada.

A nivel organizativo, compre recoñecer erros e se nos quedan gañas enmendalos. Pero o que sí queda é agradecer a toda esa xente que traballou a reo nos días previos e durante o día da competición, tratando de sobrepoñerse as adversidades e as circunstacias e de resolver problemas sobre a marcha. Tamén é de ter en conta, salvo contadas excepcións, a compresión amosada polos deportistas na maior parte dos casos. Para eles non foi facil, pero para os voluntarios tampouco. Moitas grazas a tod@s!


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -