Chega a hora da verdade! Mañá as 9:00 os homes e as 10:30 as mulleres


O noso club tomará partida na segunda división nas dúas categorías, sendo un dos 3 clubes galegos con representación nunha competición a que soamente teñen acceso os 20 mellores equipos de España.


Este domingo será recordado como unha xornada histórica para o deporte do pequeno municipio da localidade coruñesa de Vedra, ao ser a primeira vez que un equipo absoluto desta localidade disputa unha liga de máximo nivel nacional. En Boiro celébrase o campionato de España de Clubes, primeira xornada da liga nacional de clubes de dúatlon en primeira e segunda división, categoría esta última a que logrou ascender o Olímpico de Vedra por partida doble, co equipo masculino e feminino.

A Liga nacional de dúatlon costa de primeira e segunda división masculina e feminina, con 10 equipos por categoría, onde ascenden e descenden dous. A competición componse de 4 probas, e esta primeira, denominada campionato de España de clubes de duatlón, dispútase sobre a modalidade sprint (5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira). Xa o sábado dispútanse as probas de promoción, pero o domingo será o turno da Liga, coa segunda división masculina as 9:00, segunda feminina as 10:30, primeira feminina as 12:00 e primeira masculina as 13:30. 10 equipos de 10 compoñentes en cada unha das probas, tratando de acadar o mellor posto posible polo que sumarán puntos, e a suma destes dilucidará a clasificación final do campionato e a da primeira xornada da liga.

O Olímpico presentase na proba con dous equipos con aspiracións, se ben non é esta a proba a que chega en mellor momento. En categoría masculina estará representado por Anxo Lema, Jacobo Crego, Kike Goce, Miguel Daporta, Marcos Dobalo, Alfonso López, Manuel Dosil, Cesar Otero, Julio Mallo e Xurxo Carballo; mentres que na proba feminina as integrantes do club serán: Katia Senín, Aida García, Cristina Fernández, Tania Garabatos, Bea Lago, Sofía Pereira, Tania Suárez, Olivia Rodríguez, Ángela Chapela e Marta Suárez. O obxectivo e sair o mellor clasificados desta primeira xornada para poder afrontar as seguntes con garantías. Posterioremente en abril, disputaranse o campionato de España de duatlón sprint, o campionato de España de Duatlón contrareloxo e o campionato de España de duatlón por relevos, segunda, terceira e cuarta xornada da liga. Non se fixan obxectivos, pero permanecer nunha competición a que soamente teñen acceso os 20 mellores equipos de España e na que son xunto co Arcade Inforhouse Santiago e o Cidade de Lugo Fluvial, os únicos equipos galegos con representación, xa parece ser todo un éxito.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com