Anxo Lema 7º promesa no campionato galego de cross longo


Boa actuación do representante do club en Rivadavia, mentras en Vigo no Nada e Corre notable participación da canteira de tríatlon do club


Hoxe disputouse en Rivadavia o campionato galego de cross longo, no que o club estivo representado por Anxo Lema, tras a baixa de Nico Villanueva, que non poido acudir a cita por lesión. Anxo rematou com sétimo clasificado promesa e 38º na categoría absoluta, completando así unha fantástica actuación sobre un circuíto de 10 km.

Tamén destacada a actuación de Kike Goce, integrante da nosa sección de tríatlon, pero que en atletismo defende os colores do Atletismo Sar, que rematou na posicion 46ª.

NADA E CORRE DE VIGO

Discretos resultados pero participación moi numerosa da nosa canteira, que segue a amosar moi boa progresión.

16 deportistas, na que constitúe a maior participación na modalidade das escolas do club, disputaban o Nada e Corre do Vigo.

Non houbo grandes resultados e os mellores postos foron para María Fernández 4ª benxamin e Cesar Otero 5º na categoría cadete (xa clasificados para o galego). As portas de clasificarse para o campionato galego quedaron Víctor Bouzón 7º, Marcos Dobalo 8º e Carlos Sendiña 9º na proba cadete, ao igual que Alba Muñiz 8ª na proba infantil. Completaron a actuación do club en categoría benxamín Brais Otero, Mario Tizón, Arón Lorenzo, Xandre Pomar; en alevín André Cerdeira, David Muñiz, Carlos Iglestias, Rosana Fernández e Gabriela Quintás e en infantil André González. O máis importante e que siguen a amosar avances e que se vai consolidadon un grupo moi xeitoso, que de seguro dará moitos días de ledicia ao club nun futuro non moi lonxano.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com