Jacobo Crego e Katia Senín clasificados para o campionato galego de dúatlon



Na desapacible tarde deste sábado varios dos nosos deportistas desprazábanse ata a Pobra do Caramiñal, para disputar o campionato galego de marcha en ruta, e ata Guitiriz para a disputa da primeira proba do circuíto galego de dúatlon, clasificatoria para o campionato galego.

DUATLÓN DE GUITIRIZ

En Guitiriz participaban 3 duatletas do club, logo da baixa por problemas de saúde de Julio Mallo. Excepcional foi a participación de Jacobo Crego, que remataba a proba masculina en cuarta posición, establecendo o primeiro parcial en bici e logrando a clasificación para o campionato galego xa na primeira proba. Tamén moi destacada a actuación de Katia Senín, sexta na carreira feminina e campioa sub23, que tamén logrou xunto con Jacobo o billete para disputar o campionato galego no mes de abril. Completou a actuación do Sergio Oliveira na posición 32ª, polo que terá que esperar a seguintes probas para lograr a clasificación. Co día que estaba hoxe, o simple feito de rematar e acumular quilómetros de competición xa era un auténtico éxito.

CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA


Na Pobra do Caramiñal participaban as atletas da escola de marcha do club no campionato galego da modalidade en ruta.

O equipo tamén contou coa baixa de Frans de Roo, pero as marchadoras do club raiaron a gran nivel destacando o 5º posto na proba infantil feminino de Noela Baltasar, o 7º de Icía Nogueiras e o 12º de Iria Ferreiro, acadando marcas personales sobre a distancia de 3 kms. Na proba alevín Tareixa Pose remataba en sétima posición sobre a distancia de 2 km, e xa na categoría cadete Alba García ocupaba o posto 8º sobre a distancia de 5 quilómetros con un tempo de 34:10, o que constitúe marca persoal. Así pois, destacadas resultados que amosan o traballo feito, e de seguro darán os seus froitos nos vindeiros campionatos de aire libre.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com