Aída García arrasa no trail de Cela


A deportista todoterreno do noso clube, imponse a Miriam Chapela e Saleta Castro na proba celebrada en Bueu.


Os deportistas do club seguen coa súa posta a punto. Na mañá de hoxe tiña lugar o trail de Cela en Bueu, onde acadaba victoria a nosa deportista Aída García. A proba constaba dun recorrido de 24 km con 1500 metros de desnivel acumulado e Aída lograba o triúnfo con superioridade, sendo acompañada no podio por Miriam Chapela (2ª), e a triatleta, Saleta Castro (3ª). Así pois, Aída da boa mostra do seu estado de forma, de cara a tempada de duatlón que está a piques de comezar.


Por outra parte, na maña de onte, Pablo Cabanelas e Nico Villanueva participaban no V Cross dos Menhires na Coruña. A competición celebrábase no marco incomparable da zona da Torre de Hércules, sobre un recorrido de 8000 metros, composto por 3 voltas. A proba transcorreu con desigual sorte, pois mentres Pablo remataba a proba como 20º Veteran A e 47º na clasificación xeral, Nico víase obrigado a abandonar por unhas molestias ó remate da primeira volta.

En calquera caso, máis que os resultados, o importante neste momento da tempada é ir afinando para as próximas competicións que vai afrontar o club, nas que de seguro nos esperan moitos éxitos a nivel individual e colectivo.


WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -
WhatsApp Image 2019-12-21 at 18.38.17 -

© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com