© CLUB OLÍMPICO DE VEDRA. San Fins de Sales s/n, 15885 Vedra (A Coruña). Teléfono 656 58 07 06. Email olimpicodevedra@hotmail.com

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

CONTRARELOXO POR EQUIPOS

5º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRA

Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo

sábado 17 de febreiro de 2018

   

xornada 1

 inscrición 

PREZO DA INSCRICIÓN:

  • 80  € por equipo

LÍMITES E ESPECIFICACIÓNS

  • No campionato galego masculino e feminino non haberá límite de equipos.

  • A proba open estará limitada a 60 equipos.

  • A participación é pechada aos clubs con licenza autonómica galega.

  • Cada equipo terá entre 4 e 6 deportistas do mesmo sexo e club.

  • Poderán combinarse dentro do mesmo equipo deportistas de distintas categorías de idade de cadete en adiante.

  • Os equipos iran uniformados do mesmo xeito, seguindo a normativa FETRI

  • Para o campionato galego cada club soamente poderá inscribir un equipo masculino e un equipo feminino. Non haberá límite de equipos.

  • Na carreira Open cada club poderá inscribir cantos equipos desexe (B, C, D..) ata que se complete o cupo de 60 equipos. En caso de superarse o cupo de equipos inscritos abrirase a lista de espera.

  • As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición sen importar a categoría (masculina ou feminina) nin a cantidade de equipos que inscriba cada club.

INSCRICIÓN DE EQUIPOS:

  • Ata o venres 2 de febreiro de 2017.

  • A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Regulamentos-Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace de INSCRICIÓN DE EQUIPOS. O pago faise a través de TPV.

Para a inscrición os equipos deberán ter un mínimo de 4 e un máximo de 6 compoñentes.

 

BAIXAS DE EQUIPOS

  • Ata as 24:00 do venres 2 de febreiro de 2017, data de peche da inscrición de equipos, poderán darse de baixa os equipos sen custo algún. Deberán solicitarse ao correo electrónico fegatri@hotmail.com  . A partir dese momento non se devolverán os importes das inscricións.

 

INSCRICIÓN DOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS

  • Ata o martes 13 de febreiro, a inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Competicións /Regulamentos-Inscricións. Pinchar sobre a carreira e ir ó enlace de INSCRICIÓN COMPOÑENTES EQUIPOS.

 

CAMBIOS DOS COMPOÑENTES DOS EQUIPOS

  • Ata as 14:00 do xoves 15 de febreiro, poderán efectuarse cambios dentro da composición dos equipos, serán enviados ó correo da Federación (fegatri@hotmail.com).

Dende ese momento non poderá efectuarse baixo ningún concepto cambios nos equipos.

 horarios 

REUNIÓN TÉCNICA

  • 12:30 HORAS

RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Na Secretaría da proba entre as 12:00 e as 16:00

 

CONTROL DE MATERIAL

  • apertura as 13:30

  • peche proba open 14:45

  • peche campionato galego feminino 16:05

  • peche campionato galego masculino 16:45

  • os compoñentes de cada equipo deberan pasar o control todos a vez e será obrigatorio portar licenza ou dni.

  • Os equipos deberán estar na cámara de chamadas 5 minutos antes da súa hora de saída.

 ​

 CIRCUÍTOS